Federación Gallega de Fútbol Sala
05/10/2017 at 12:03
Head

Presentación del Campeonato de Selecciones Locales Categoría Juvenil 16/17

Baiona acollerá o vindeiro 17 de maio a terceira edición do Campionato Galego Xuvenil de Fútbol Sala no que participarán seis seleccións (Lugo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense e A Coruña). O torneo foi presentado este martes no Concello de Baiona coa presenza do alcalde, Ángel Rodal; o delegado da Federación, Javier Cosío; o delegado do Comité de Árbitros, Borja Arca, e o vicepresidente do Baíña Fútbol Sala, Santiago Rodríguez, ademais dos directivos Domingo Grandal, Francisco Silva e Daniel Álvarez e a concelleira de Deportes, María Jesús Martins.

O Campionato Galego Xuvenil reunirá ás mellores seleccións de xogadores Sub-18 chegadas a Baiona dende Lugo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense e A Coruña. Ángel Rodal valorou a aposta federativa polo municipio despois de que nas dúas edicións anteriores se celebrara o torneo en Santiago, onde gañou Vigo, e en Pazos de Borbén, coa selección de Pontevedra como vencedora.

"É un honor para Baiona acoller a máis de 100 deportistas galegos de primeiro nivel e a elección da nosa Vila como sede do campionato demostra que o fútbol sala está a ter unha gran presenza grazas ao apoio do Concello e ao esforzo do club Baíña", sinalou o alcalde.

Os partidos disputaranse no Pavillón de Covaterreña, recentemente remodelado. As semifinais serán ao longo da mañá e pola tarde se coñecerá o novo campión galego.

O evento acollerá a preto de 100 deportistas, ademais de adestradores, equipos técnicos e familiares. Os organizadores tamén teñen previsto diferentes actividades para difundir o fútbol sala en Baiona e en toda a comarca. O Baíña Fútbol Sala conta con máis de 100 licencias federativas e este ano foi premiado polo Concello como mellor club do municipio na Gala do Deporte de Baiona.

"Queremos agradecer á Federación Galega que depositara a súa confianza no noso club e a nosa directiva para organizar o campionato. Tamén ao Concello, especialmente á concelleira de Deportes e ao alcalde polo seu apoio nesta iniciativa", apuntou o vicepresidente do Baíña, Santiago Rodríguez

Follow us
Sponsors

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.